Sedes Electrónicas dos concellos
da provincia da Coruña

imagen 02:07:35 Mércores 18 de outubro 2017 Actualizar data e hora

26 novas Entidades Locais da provincia xa poden enviar as súas notificacións de maneira electrónica.

Os cidadáns dos concellos de Bergondo, Boiro, Boimorto, Cabana de Bergantiños, A Capela, Carballo, Carnota, Carral, Cerdido, Coristanco, Curtis, Frades, Laxe, Lousame, Mañón, Malpica, Miño, Melide, Moeche, Mugardos, Muxía, Negreira, Ordes, Ponteceso, Zas e o Consorcio contra Incendios, poden solicitar que as súas notificacións sexan enviadas á súa caixa de correos de correo electrónico, aviso previo da súa posta a disposición.

Con estas incorporacións son xa 43 as Entidades Locais da Provincia que utilizan este sistema.

A plataforma de notificación utilizada é Notifica.gal, a ferramenta que a Xunta de Galicia pon ao dispor de todas as EELL da Comunidade.

Nun futuro moi próximo, todas as EELL adheridas á Plataforma de Administración Electrónica Provincial que lidera a Deputación da Coruña, estarán en disposición de ofrecer este mesmo servizo aos seus cidadáns.

Notifica.gal

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña Avenida Porto da Coruña, 2 15006 A Coruña Tel 981 080 300 sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal